Los tigres o las sombras
Como alma que lleva el diablo.

50.

Teño algo importante que dicir
agora que vimos de despedirnos
para sempre.
Quérote.
Crávame as unllas
pero has de saber que tamén fun sinceiro
as outras mil veces.

Ela acúsame de non ter sentimentos
porque falo e falo
ou non falo.
Pois vaise comer todas as unllas,
as súas altivas unllas escarlata.
Pero ireime.
Díxenllo e riuse indiferente,
pero ireime
ou non me irei.

[...]

Él era forte e feble
como un marine ianqui.
Ela, fráxil e invencible,
como unha guerrilleira do Vietcong.

Manuel Rivas

No hay comentarios: