Agora imaxina ter
aire daquel tempo.
Imaxina
radios vellas e notas revolucionadas.
Cravos vermellos,
máis vermellos que nunca,
que ningunha outra vez na vida.
Recordas cando ti e máis eu non naceramos?
Que non eramos proxecto
nin nada.
Recordas aquel tempo?
E todas as revolucións que quixemos vivir?
Imaxina
ter
aire
novo.
Adela Dávila
No hay comentarios:
Publicar un comentario